DENDE O COLE ATA O INFINITO....
Nesta primeira misión aprendimos moitas cousas sobre os astronautas, o seu traxe espacial, a nave que utilizan para viaxar e ata como se alimentan!!
Agora, para demostrar o moito que sabedes, IMOS XOGAR (e traballar!!) na seguinte actividade. Presta moita atención porque aí está a solución da primeira parte da CLAVE que tes que formar durante estas 4 misións. (unha pista: atende moito ás páxinas 6 e 12)
Se tes algún problema para traballar na actividade pica AQUÍ . Abriráse nunha nova ventá e poderás velo máis grande.
A primeira parte da CLAVE son dúas letras:
- a ÚLTIMA letra do NOME da primeira persoas que viaxou ao espazo
- a PRIMEIRA letra do NOME da primeira persoa que pisou a lúa.
Anótaas nun sitio seguro, agarda polas que aparecerán nas seguintes misións. Ao final saberás o segredo!!!